domingo, 29 de abril de 2012

A REVOLUÇAO DOS CRAVOS

Un pouco de historia antes da nosa viaxe!!!!! "Grândola, Vila Morena" é o nome da canción composta e cantada por Zeca Afonso que foi escollida polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) para ser o segundo aceno para o comezo da Revolución dos caraveis (Portugués: Revolução dos Cravos). Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista por ser unha canción asociada ao comunismo. Ás 00:20 do día 25 de abril de 1974, a canción era transmitida nunha radio nacional, cantada por militares, como sinal para confirmar as operacións da revolución. Por ese motivo, a ela quedou asociada, así como ó comezo da Democracia en Portugal . Ás 00:20 da madrugada do día 25 de abril de 1974, "Grândola, Vila Morena" foi pinchada no programa Limite da Rádio Renascença. Era o segundo aceno que confirmaba a boa marcha das operacións e daba inicio ó avance das forzas organizadas polo MFA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario